El 9 de marzo, la Deputación da Coruña entregó el premio honorífico de Boas Prácticas al proyecto de Formación Profesional Adaptada del CEEPR Lourdes y CIFP Paseo Das Pontes. Felices y orgullosos/as del alumnado de Aspronaga por nunca dejar de aprender y enhorabuena a todas las entidades premiadas: Asociación Down Coruña Aspanaes , Teima, Asociación Ambar y Asociación Íntegro.
Ler máis...14.03.2023 Un ano máis, a Administración provincial demostra o seu apoio ás persoas con discapacidade intelectual grazas coa convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro. Así, en 2022 a Deputación da Coruña achega 22.800 euros para o programa de rehabilitación "Servizo de Enfermería do Centro Ricardo Baró" (Convocatoria FOAXE-P) e 11.325,60 euros para a pintura do interior do Centro Ricardo Baró (Convocatoria FOIE).
13.02.2023 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou, o pasado venres, o proxecto 'FP Adaptada', "unha iniciativa pioneira en favor da inclusión educativa" do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes-Aspronaga e do Centro Integrado de FP Paseo das Pontes. Tal e como destacou o propio conselleiro, trátase dunha proposta que ofrece a seis alumnas con necesidades educativas especiais obter un certificado oficial de profesionalidade que lle levará a ter "máis posibilidades de inclusión na sociedade en xeral e no mercado laboral en particular".
Ler máis...O pasado outubro, o Concello da Coruña confirmou o seu compromiso coa Fundación Tutelar Aspronaga ao conceder unha subvención por valor de 2.326,67 euros destinados ao "Fortalecemento e movemento asociativo". Grazas a apoios como o do Concello dá Coruña, a Fundación Tutelar Aspronaga ofrece, desde 1996, a acción curatelar sobre persoas con discapacidade intelectual. Ademais, ofrece orientación familiar e asesoría xurídica, servizo de de asistencia social e servizo de pretutela.
MAIS INFORMACIÓN DA FUNDACIÓN TUTELAR ASPRONAGA
26.12.2022 A Asemblea de Socios e Socias de Aspronaga deu luz verde, o pasado 22 de decembro, o Plan de Actuación e os Orzamentos de Aspronaga para o ano 2023. Así, a entidade planea para este novo exercicio un equilibrio de gastos e ingresos que supera os sete millóns e medio de euros.
Ler máis...