Persoal dos Concellos de Sada e Cambre visitan Lamastelle (04/11/2015)
Mª Dolores García Fernández, Concelleira delegada de Desenvolvemento Socioeconómico do Concello de Cambre; Luisa Celis Sanmiguel, responsable do departamento de Emprego do Concello de Sada; Sonia Machín Herranz, técnica da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cambre e Xema Gil Brocate, directora do Obradoiro de Emprego visitaron esta mañá as instalacións de Aspronaga en Lamastelle.
O fin da visita era coñecer un pouco máis o Centro Ricardo Baró e o Centro Laboral Lamastelle, nos que os participantes no Obradoiro de Emprego realizan as súas prácticas de Atención Sociosanitaria.