O Ricardo Baró entrega 600 kilos de solidaridade (23/12/2015)
Esta mañá, véspera de Noiteboa, un grupo de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas e profesionais do Centro Ricardo Baró fixeron entrega de máis de 600 quilos de comida non perecedoira, alimentación infantil, xoguetes, produtos de hixiene e cueiros infantís á Cociña Económica.
Unha furgoneta repleta de produtos que foi o resultado da campaña solidaria que naceu fai tres anos grazas á idea dunha das traballadoras do Ricardo Baró e que se repite cada Nadal. Así, durante máis ou menos un mes antes do inicio das Festas, profesionais, usuarios con discapacidade intelectual e as súas familias doan unha gran cantidade de xoguetes e alimentos á Cociña Económica coruñesa, o que demostra que todos podemos ser solidarios.