Seiscentas persoas celebran a V Festa das Familias de Aspronaga
Ao redor de seiscentas persoas reuníronse durante todo o día de hoxe para celebrar a Festa das Familias de Aspronaga. Así, as máis de trescentas persoas con discapacidade intelectual, familiares, traballadores e voluntarios de todos os centros e servizos de Aspronaga viviron unha xornada, en común, chea de actividades.
Desde as once da mañá, os asistentes tiveron a oportunidade de participar en xogos tradicionais, conducir Karts, ir ao cinema ou gozar dunha especial sesión vermú, entre outras actividades que foron amenizadas polo grupo folclórico de Oleiros ?Folliñas?. Para terminar a sesión matutina, tiveron lugar varias actuacións, entre as que destacou a organizada por un grupo de nai voluntarias, interpretando ?Grease?. Ao mediodía, unha comida ao aire libre xuntou a máis de seiscentas persoas á mesa e finalizou cunha multitudinaria verbena popular e unha poxa das tapices, alfombras e colchas feitas nos talleres de Lamastelle.
A maiores, unha vez máis, veteranos do Depor como Maikel, Rubén, Jacobo e Agustín quixeron mostrar o seu apoio ás persoas con discapacidade intelectual e participaron nun partido de fútbol moi rifado do que todos saíron vencedores. Ademais, entidades como Mudanzas Hércules, Rutas Coruña, Fornos de Lamastelle, Concello de Oleiros, Bajamar, Fillos de Rivera ou Panadería Román puxeron o seu granito de area formando parte, así, desta gran familia.