Centos de deportistas participan na III Carrera Popular do Centro Ricardo Baró
A pesar do ceo ameazante, o pasado 20 de novembro, centos de persoas correron co Centro Ricardo Baró de Aspronaga. Como en anteriores edicións, o centro de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas considera que a xornada foi tanto un éxito deportivo como inclusivo. Xa que se trata dunha carreira aberta a todo ao mundo con diferentes categorías: CARREIRA ABSOLUTA PARA MAIORES DE 18 ANOS, CATEGORÍAS MENORES E PROBA ADAPTADA..
Xustamente, a proba adaptada foi o momento máis emocionante da mañá pois os corredores non dubidaron en unirse á mesma para apoiar aos deportistas con dificultades motrices. Con esta iniciativa, a residencia de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas abre as súas portas á contorna e convida a compartir unha xornada deportiva moi especial na que non existen as diferenzas.
VER FOTOS III CARREIRA POPULAR CENTRO RICARDO BARÓ