¡Benvidos ao noso equipo!
Desde finais de decembro, Aspronaga conta no seu equipo con nove profesionais de diferentes disciplinas, que enriquecen, fortalecen e fan máis eficiente á nosa familia que, unha ano máis, segue crecendo. Ademais, a chegada de novo persoal dá un aire fresco á Asociación e facilita o intercambio de experiencias e coñecemento.
Desta forma, damos a benvida a estes nove profesionais que, grazas ao Programa de Cooperación 2016-2017 da Xunta de Galicia, xa son parte de Aspronaga. De esquerda a dereita:
Sara Cardona - Educadora Social no Centro Laboral Lamastelle e Servizo de Residencias.
Estela Fernández - Logopeda no Centro Ricardo Baró.
Rocío Martínez - Logopeda no Centro Laboral Lamastelle.
Sabela Martínez - Psicóloga no Centro Ricardo Baró.
Lorena Villar - Terapeuta Ocupacional no Centro Laboral Lamastelle e Servizo de Residencias.
Claudia Suárez - Psicóloga no Centro Laboral Lamastelle.
Lydia Zas - Terapeuta Ocupacional no Centro Ricardo Baró.
Brais Fernández - Tec. de Act. Deportivas no Ctro. Laboral Lamastelle y Ctro. Ricardo Baró.
Cristina Blanco - Tec. de Act. Deportivas no Servicio de Ocio e no CEE Ntra. Sra. de Lourdes.