O Centro Ocupacional Lamastelle participa nunha investigación da Universidade de Valencia

Ao longo do pasado ano, o Centro Ocupacional Lamastelle participou no proxecto sobre a autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual, organizado de maneira conxunta por Plena Inclusión e polo IDOCAL (Instituto de Investigación en Desenvolvemento Organizacional e Calidade de Vida Laboral) da Universidade de Valencia. 

En total, en toda España, puxéronse en marcha 72 equipos mixtos e autónomos de traballo, vinculados a 59 centros ocupacionais, que desenvolveron os seus micro-proxectos de transformación orientados á mellora da autodeterminación e a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual. Con todo, e máis aló da mellora da calidade de vida, o IDOCAL afirma que a colaboración nos equipos permitiu "mellorar indicadores que teñen que ver coa calidade da relación entre profesionais e familiares dos centros participantes", que colaboraron buscando fórmulas "novas e creativas". En concreto, o Centro Ocupacional Lamastelle desenvolveu o microproxecto denominado "Asprochef", co obxectivo de mellorar a autonomía de dúas persoas con discapacidade intelectual á hora de cociñar. Na seguinte ligazón, podes consultar o desenvolvemento do proxecto. 

PROXECTO "ASPROCHEF"

 

 

i n r f p s v t 0 1 2