Alumnos de Aspronaga deseñan un clasificador de calcetins 3d para persoas sordocegas

Algo tan cotián como poñerse uns calcetíns do mesma cor pode resultar moi complicado para, por exemplo, unha persoa con discapacidade visual. Este é o motivo polo que os alumnos da Clase Vermella do CEE Nosa Señora de Lourdes (Aspronaga) foron os primeiros en deseñar e imprimir un clasificador de calcetíns en 3D.

E isto só é o principio. Neste curso, os sete estudantes con discapacidade intelectual e o seu profesor, Felo Couto, embarcáronse en "Diversidade impresa", un proxecto escolar colaborativo que pretende axudar á comunidade sordocega, ou con outras discapacidades, mediante o modelado tridimensional. Na devandita iniciativa, un grupo de profesores, alumnos e colaboradores de toda España propoñen obxectos que poidan facilitar o día a día de calquera persoa que o necesite. A partir de aí, xorden achegas, ideas, exemplos... ata que conseguen que as propostas se fagan realidade. Desta maneira, o centro de educación especial da Coruña logrou ser o  primeiro en fabricar en 3 dimensións uno destes obxectos (o clasificador de calcetíns) e xa traballa noutros modelos como "a moeda" para o carro da compra, un moedeiro adaptado, un abre-chapas ou perchas para colgar o abrigo en calquera lugar. Con este proxecto, os alumnos con discapacidade intelectual conseguen varios beneficios xa que participan en todo o proceso de fabricación, desde a idea ata o testeo do produto pasando polo modelado e a impresión; potenciando, así, a creatividade e as habilidades manipulativas, á vez que axudan a outras persoas e relaciónanse con outros estudantes e profesores. É tan boa a experiencia que profesor e alumnos animan a participar no proxecto a todo o que o desexe. A porta está aberta. 

A NOTICIA NO IDEAL GALLEGO
A NOTICIA EN  LA VOZ DE GALICIA

Clase Roja del CEE Ntra. Sra. de Lourdes

 

i n r f p s v t 0 1 2