Aspronaga celebra a sétima edición do seu festival do humor: Destorníllate en Branco e Negro.
O pasado sábado 20 de maio pola tarde, Aspronaga tronchouse de risa. Por sétimo ano consecutivo celebramos o festival do humor “ Destorníllate en Branco e Negro”. Os asistentes ademais de ir vestidos con esas cores, puideron gozar dunha tarde de risas.
Esta edición ademais de incluír noticias incribles pero certas, divertidos sketchs e unha canteira de chistes; contou coas inestimables colaboracións de dous grandes humoristas galegos: David Amor e David Noya colaboraron na máis aloucada das seccións facendo de reporteiros e protagonistas das propias noticias. Todos gozamos moito coas súas colaboracións e coa 7ª edición deste divertido Festival, e como dicían estes dous grandes do humor nos seus vídeos, por moitas edicións máis. Moitas grazas a todos os que fixeron posible este Festival e aos dous grandes: David Noya e David Amor.