Un centenar de deportistas participarán no 4º Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña
CAMBRE, 30 DE XUÑO DE 2017. Un centenar de deportistas con e sen discapacidade daranse cita, este sábado, na cuarta edición do Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña. Así, co fin de promover a inclusión social, cada equipo practicará varios deportes adaptados como fútbol sala, tenis, atletismo, boccia, baloncesto e slalom en cadeira de rodas.
Todos os equipos xogarán a todos os deportes e estarán constituídos por persoas con e sen discapacidade. Ademais, ao finalizar a xornada, farase entrega dos trofeos e todos os asistentes poderán gozar dunha sesión de Zumba. Ademais, realizarase unha exhibición canina da man de Terra de Cans de 15 a 16 horas. O Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña naceu, fai catro anos, como unha aposta firme de Aspronaga e a Escola de Tenis Marineda polo exercicio físico como medio de inclusión das persoas con discapacidade intelectual na sociedade. Desta maneira, este evento deportivo converteuse nun referente na contorna, tal e como demostra a colaboración de entidades como o Concello de Cambre, a Fundación Emalcsa, ASPACE, o Club Básquet Coruña, o club de rugby C. R.A. T. A Coruña, o Club de Fútbol Once Cabaleiros e o Club de Atletismo de Sada ( CAS).
O Cartel
Este ano o cartel do torneo foi deseñado por Jose M. Pico, gañador do concurso que se convocou entre debuxantes con discapacidade intelectual para #o devandito #fin. O deseño destaca por representar a temática de maneira moi gráfica e con gran colorido.