Usuarios de Aspronaga deseñan un selo e unha postal
O 20 de xullo, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; a edil de “Igualdade e Diversidade”, Rocío Fraga e representantes da Sociedade Filatélica da Coruña, Aspronaga e Cruz Vermella foron os encargados de entregar os premios aos gañadores do concurso “Debuxa o teu selo”. Grazas a esta convocatoria, editaranse 1200 postais e 1200 selos con debuxos realizados por persoas con discapacidade intelectual de Aspronaga.
O pasado 12 de maio, a Sociedade Filatélica publicaba as bases da convocatoria para o orixinal concurso “Debuxa o teu selo”, dirixido a persoas con discapacidade intelectual de Aspronaga e posto en marcha coa colaboración da Fundación Emalcsa. O tema escollido foi “A Coruña e a Cruz Vermella”, en homenaxe ao 120 aniversario da inauguración do primeiro hospital dela Cruz Vermella na Coruña.
Tanto o xurado que seleccionou aos gañadores entre os 78 participantes, como os presentes no acto desta mañá, mostraron o seu asombro pola gran calidade dos debuxos e manifestaron estar impresionados por como souberan captar a mensaxe que se quería transmitir con esta iniciativa. O próximo novembro, celebrarase unha exposición na que se ensinarán os 25 deseños seleccionados polo xurado.
O programa “Cultura Accesible e Inclusiva”, promovido pola Fundación Emalcsa, ten como obxectivo a cooperación de entidades do tecido asociativo da cidade con outras do ámbito social co fin de poñer en marcha acciones que favorezan a total inclusión na sociedade así como ou acceso aos ámbitos culturais de toda a veciñanza..
Y por cierto... el Alcalde de A Coruña ¡ya tiene sucesor! :)