Aspronaga celebra a sexta Festa de Familias (22/09/2017)
Ao redor de seiscentas persoas reuníronse, durante todo o día de hoxe, para celebrar a sexta Festa das Familias de Aspronaga na leira de Lamastelle (Oleiros) . Así, as máis de trescentas persoas con discapacidade intelectual, familiares, traballadores e voluntarios de todos os centros e servizos de Aspronaga viviron unha xornada, en común, chea de actividades.
Desde as once da mañá, os asistentes tiveron a oportunidade de participar en xogos tradicionais, conducir Karts, ir ao cinema ou gozar dunha especial sesión vermouth, amenizadas polo grupo coruñés “Ratones”. A Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, e o presidente de Aspronaga, Álvaro Martínez, foron os encargados de saudar aos presentes nunha gran comida ao aire libre, que finalizou cunha multitudinaria verbena popular. A maiores, unha vez máis, veteranos do Depor como Elduayen, Carlocho, Luís Gómez e Miguel quixeron mostrar o seu apoio ás persoas con discapacidade intelectual e participaron nun partido de fútbol moi rifado do que todos saíron vencedores. Ademais, entidades como Mudanzas Hércules, Rutas Coruña, Concello de Oleiros, Pescanova, Fillos de Rivera ou Panadería Román puxeron o seu granito de area formando parte, así, desta gran familia.