Voda en María Pita para culminar o proxecto
O pasado 29 de xullo, o proxecto "Desde lo Invisible" puxo o seu broche de ouro coa celebración dunha gran voda en María Pita. Así, a iniciativa, impulsada pola Quinta da arte, puxo en escena o espectáculo teatral froito de dous meses de ensaio a través dun proceso de creación colectiva.
Un evento único que contou con actores profesionais e afeccionados con e sen discapacidade e que sorprendeu ao público, tanto polo seu argumento como polos seus delirantes personaxes, xerando unha atmosfera onde a ficción mesturouse coa realidade. Finalmente, " Javi", interpretado polo noso compañeiro de Aspronaga, Samuel Valiño, e "Sandra" conseguiron darse o si quero, a pesar dos impedimentos interpostos polos seus familiares e outros invitados que non foron capaces de evitar que triunfe o amor!