Aspronaga colabora nun proxecto europeo sobre robótica educativa
10.05.18. O CEE Ntra. Sra de Lourdes cruza fronteiras. Desde o ano pasado, o centro de educación especial de Aspronaga participa no proxecto Erasmus+ GAMESP, unha iniciativa sobre robótica educativa pensada para alumnado con discapacidade intelectual. O proxecto conta con 5 socios europeos e o CEE Nosa Señora de Lourdes realiza a parte de asesoramento para a a Dirección Xeral de Educación, Formacion Profesional e Innovación Educativa (socio promotor).
Así, partindo das actividades de robótica que se realizan nas aulas,o centro colabora no deseño e desenrolo dun robot educativo con 10 unidades temáticas e as súas actividades para o aulae online. (http://gamesp.org/es/proyecto)
Meeting en Santiago de Compostela
Tras varias reunións noutros países, hoxe e mañá os participantes do proxecto Gamesp xúntanse en Santiago de Compostela na “4º International meeting”. Xa o sábado, ofrecerán unha sesión formativa aberta na que Felo Couto, docente de Aspronaga, impartirá un curso sobre “Utilización de robots e xogos virtuais para favorecer a inclusión e a latención á diversidade na escola”. A próxima semana o Gamesp trasládase en Lodz (Polonia) para realizar unha “ Learning Activities” na que o centro de Aspronaga realizará unha presentación do traballo de robótica cos alumnos de discapacidade intelectual do colexio coruñés.