Voluntarios de Bankinter e Aspronaga comparten unha xornada no Aquarium Finisterrae

(12/05/18) Esta mañá, 13 voluntarios de  Bankinter e familiares compartiron unha xornada de convivencia con persoas con discapacidade intelectual de  Aspronaga. A actividade de voluntariado corporativo, que ten como obxectivo “coñecer a realidade das persoas con discapacidade intelectual que residen na nosa contorna”, está coordinada por Cooperación Internacional ONG. 


Así, unha vintena de persoas con discapacidade intelectual e traballadores da entidade bancaria pasaron unha agradable mañá. Para empezar, dividíronse en equipos para un divertido concurso no que gañaba o primeiro que atopase os dez peixes dunha lista. Tras o concurso e despois de ver as focas e a famosa sala  Nautilus, todos gozaron dun aperitivo na cantina.Cooperación Internacional ONG traballa desde 1993 “por unha mocidade solidaria”. Realiza a maior parte das súas actividades en España e tamén traballa en máis de 30 países nos que levan a cabo máis de 100 proxectos de cooperación para o desenvolvemento e 5.500 mozos participan nas súas actividades de voluntariado.

Aspronaga y Bankinter en el Aquarium Finisterrae

 VER GALERÍA

i n r f p s v t 0 1 2