Non somos unha máis... Somos ¡ #ACRB !
Xa non somos unha máis... Somos #ACRB !!!! Unha Carreira Rompedora e Bestial que, por quinto ano consecutivo, terá lugar o 1 de Novembro de 2018 nas instalacións do Centro Ricardo Baró (residencia de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas de Aspronaga) en Oleiros. Así, #ACRB xa se converteu nunha tradición na comarca, sendo unha carreira para todos e todas, de 0 a infinitos anos e con todo tipo de mobilidades. Únete! e o... #1novcorreconnos porque #SomosACRB
Así, o evento conta con CARREIRA ABSOLUTA PARA MAIORES DE 18 ANOS (10.00h da mañá, aprox. 6km) e CATEGORÍAS MENORES E PROBA ADAPTADA (a partir das 11.30h en Lamastelle). As inscricións na carreira pódense realizar mediante a web da Carreira ou na páxina www.championchipnorte.com . Para os atletas a partir de 18 anos o prezo será de 5 euros e 6 euros (para quen non dispoña do chip amarelo). Gratuíta para as categorías menores. A inscrición para as categorías de chupete e proba adaptada realízase enviando nome e apelidos, DNI e data de nacemento a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..A V Carreira Popular do Centro Ricardo Baró está organizada por Aspronaga e conta coa colaboración do Concello de Oleiros, Club Atletismo Sada, Erosky, Gadis e Frutostel.