O Servizo de Ocio premia ás
01.12.2018 "É un momento moi especial". Con estas palabras, Iago Graña, director do Servizo de Lecer de Aspronaga anunciou o premio que, este ano, os socios e socias quixeron conceder ás "Nais do Clube", no marco da celebración da Cea de Gala do 46 aniversario do Club Finisterre.
Así, tras a saborosa cea no Hotel Riazor, fíxose entrega da Tella ás "Nais do Clube" por "iniciar, continuar e sempre apoiar o labor do Clube Finisterre e facelo sempre con moita paixón e agarimo".
Tras soprar as velas de aniversarios, a noite alongouse cun animado baile.