Seis alumnos do CEE Ntra. Sra. de Lourdes realizan prácticas en Alcampo
Seis alumnos do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes- Aspronaga, serán “traballadores” do Hipermercado Alcampo ata o próximo mes de xuño.
Román, Luís, Uxía, Débora, Pablo e David non están nerviosos. Coñecen o hipermercado e escoitan atentamente mentres o director de recursos humanos, José Portabales, ensínalles os despachos, as zonas de descanso e a xerga típica que deben coñecer para desenvolverse con soltura. Os seus postos serán de reponedores nos corredores de galletas e nas caixas, ao cargo de recompilar as cestas .
O mesmo día que empezan, xa coñecen ao seu xefe. El indícalles como facer o seu traballo e a próxima semana xa toca poñerse ao choio!. O tempo pasou moi rápido no primeiro día, pero todos están moi contentos e dispostos a desempeñar o seu labor, sobre todo, con moita responsabilidade.
Hipermercado Alcampo e Aspronaga asinan o primeiro convenio de práctica laborais no ano 2013. Seis anos despois, confírmase o compromiso da entidade con Aspronaga, facendo posible que alumnos con discapacidade intelectual, en etapa de formación profesional, poidan aprender as tarefas na empresa ordinaria, formándose cara á súa inclusión social e laboral.
Esta iniciativa, ademais de proporcionar experiencia laboral, axuda a que as empresas descubran a multitude de aptitudes coas que estes mozos contan para o traballo.