Un deseño de Jose Jiménez gaña o concurso nacional TUSello

15.03.2019 Debuxo en man, Jose Jiménez pousa orgulloso xunto a representantes da Sociedade Filatélica, Cruz Vermella e a Asociación. E non é para menos, o deseño realizado polo residente o Centro Ricardo  Baró alzouse co primeiro premio do Concurso Nacional de  TuSello, unha iniciativa organizada polo Círculo Filatélico,  Numismático e de Coleccionismo  IBN ao- ABBÂR ONDA cuxo obxectivo é recoñecer e premiar o esforzo na creación individual ou colectiva que realizan os afeccionados á filatelia de toda España.

O selo gañador realízase en 2016 grazas á iniciativa posta en marcha pola Sociedade Filatélica da Coruña, coa colaboración da Fundación  Emalcsa. Un proxecto no que participaron 80 persoas con discapacidade intelectual usuarias de  Aspronaga que concursaron cun debuxo para conmemorar os 120 anos do primeiro hospital da Cruz Vermella na Coruña. 

Presentación ganador Tu Sello

 

 

 

i n r f p s v t 0 1 2