O Servizo de Lecer recolle o premio á Xestión Deportiva de Integración Social
O pasado 16 de novembro, a Asociación Galega de Xestores Deportivos ( AGAXEDE) outorgou ao Servizo de Lecer de Aspronaga o Premio Galicia á Xestión Deportiva na categoría de integración social.
O galardón foi entregado na Gala dos X Premios Galicia á Xestión Deportiva na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O acto foi presidido por José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte na Xunta de Galicia.
Juan Otero, en representación do Servizo de Lecer, foi o encargado de recoller o premio. Aquí deixámosvos a súa emocionada intervención.