Aspronaga crea a Comisión de Comunicación, Participación e Renovación Asociativa
17.11.2020 Onte tivo lugar a primeira reunión da Comisión de Comunicación, Participación e Renovación Asociativa. Aspronaga crea esta nova Comisión transversal co fin de mellorar a comunicación con todos os públicos de interese da Asociación, aumentar a participación e toma de decisións dos mesmos e impulsar a renovación de cargos na Xunta Directiva.
Unha iniciativa que parte con moitas ideas e ganas de transformación cara a unha xestión na que a persoa sexa a auténtica protagonista.