Nace AEDIGAL, a patronal galega da discapacidade intelectual

16.12.2020. Nicanor Álvarez, presidente de  Aspronaga, e Juan  Fontela, xerente de  Aspronaga, formalizaron a participación de  Aspronaga e o Centro Especial de Emprego  Lamastelle en  AEDIGAL, patronal  que nace co fin de reivindicar, defender, representar e xestionar os intereses económicos e sociolaborais da entidades sen ánimo de lucro que a integran no ámbito autonómico de Galicia. 

Ademais, Juan  Fontela pasa formar parte da comisión xestora. 

Despois da Asemblea previa celebrada o pasado mes de setembro, onde as asociacións acordaron a creación desta patronal, hoxe se  oficializó a súa constitución, quedando integrada por un total de 24 entidades galegas máis a propia Federación.  

Nesta reunión constitutiva tamén quedou definida a comisión xestora formada por Eladio Fernández, (presidente), Marcelo de la Cruz, (secretario), Ramiro Fernández Rey (tesoureiro), e José Manuel Carballo Cabezas, Juan  Fontela e Javier García como vogais. 

En palabras do representante da patronal, Eladio Fernández “esta asociación é esencial para que  podamos manter o nivel de representatividade que temos. Trataríase dunha asociación patronal que engloba xa desde a súa creación a preto de 1.100 traballadores, co firme compromiso de ampliar esta base a curto prazo”.

Entre os fins desta nova asociación, estará o de apoiar ás entidades membro nos procesos de cambio necesario para o cumprimento da Convención de Nacións Unidas dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, cambiar o sistema de negociación colectiva, representar ás empresas que a integran ante a Administración Pública, contribuír a un marco de relacións  laborais equilibrado e xusto entre empresas e traballadores ou apoiar ás entidades no proceso de creación, mantemento e mellora do emprego así como todo tipo de procesos que permitan a mellora continua. Nicanor Álvarez y Juan Fontela en el momento de la firma

 

i n r f p s v t 0 1 2