O Centro Ricardo Baró doa 500 kg de comida á Cociña Económica
14.01.2021. Esta mañá, un grupo de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas do Centro Ricardo Baró fixeron entrega de ao redor de 500 kg de comida non perecedoira á Cociña Económica.
Unha furgoneta repleta de produtos que demostra que nin a pandemia impide que a residencia de Aspronaga manteña unha campaña solidaria que naceu fai xa sete anos, grazas á idea dunha das traballadoras do Ricardo Baró e que se repite cada Nadal. Así, durante máis ou menos un mes antes do inicio das Festas, profesionais, usuarios con discapacidade intelectual e as súas familias doan alimentos á Cociña Económica coruñesa, o que demostra que todos podemos ser solidarios.