A Xunta subvenciona a Aspronaga 20 motores auxiliares para cadeiras de rodas

02.03.2021. Grazas á subvención concedida pola Xunta de Galicia, na convocatoria do IRPF 2020,  Aspronaga conta con 20 motores auxiliares para converter cadeiras de rodas manuais en eléctricas. 

Con este proxecto,  Aspronaga pretende coidar a saúde dos profesionais coidadores das persoas con discapacidade intelectual, grazas ao apoio do motor eléctrico á hora do traslado de usuarios e usuarias en cadeira de rodas,  tanto entre os diferentes centros e servizo da Asociación como na participación na comunidade. 

A convocatoria  do IRPF 2020 tramítase a través de Plena Inclusión Galicia, quen xestiona as subvencións entre as solicitudes das entidades asociadas. 

motores auxiliares en sillas de ruedas

 

i n r f p s v t 0 1 2