Nova Canle de Denuncias
11.03.2021. O fin último de Aspronaga é lograr unha maior e mellor calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, inspirada nos principios de normalización, autonomía e inclusión social. No convencemento de que tan importante é o fin como os métodos para alcanzalo, Aspronaga crea unha nova Canle de Denuncias, como aliado fundamental para asegurar o "bo facer" na Asociación e o cumprimento dos nosos códigos de conduta e prácticas responsables.
Así, calquera membro da Xunta Reitora, empregado, usuario, familiar dun usuario, voluntario, provedor ou colaborador de Aspronaga poderá denunciar un incumprimento legal ou dos principios expresados a través da Canle de Denuncias establecido.
Para tal obxecto, establécese un Órgano de Control ao que todas as partes con interese lexítimo deben dirixirse para comunicar calquera posible incumprimento legal ou dos principios expresados, tanto se lles afectan persoalmente coma se afectan a terceiros.
O Órgano de Control está formado por tres membros, dous internos da Asociación Antonio Naya Sancho e Iago Graña Menduiña e outro externo formado pola xurista Bibiana García LLerena.