Aspronaga presenta a súa candidatura para formar parte da Comisión Permanente do Consello Municipal de Deportes
12.04.2021. Esta mañá, Aspronaga presentou a súa candidatura para formar parte da Comisión Permanente do Consello Municipal de Deporte dá Coruña, ademais da proposta de creación dunha comisión específica para "Garantir o dereito de acceso á práctica deportiva das persoas con discapacidade".
O 6 de abril, A Coruña crea o Consello Municipal de Deporte.
120 entidades deportivas, institucións e entidades sociais
participan neste Consello para mellorar o deporte na cidade.
Aspronaga forma parte do Consello
e preséntase para estar na Comisión Permanente.
A Comisión Permanente está formada por 10 vogais
que son os encargados de organizar o traballo do Consello.
O Consello tamén quere ideas para facer grupos de traballo.
Aspronaga propón un grupo de traballo para
"Garantir o dereito ao acceso á práctica deportiva
das persoas con discapacidade".
A votación para elixir os membros da Comisión Permanente
e os equipos de traballo farase na seguinte reunión do Consello.
Manterémosvos informados do resultado!