Aspronaga 2020
O pasado 22 de xuño, no marco da celebración da Asemblea Xeral, os socios e socias de Aspronaga aprobaron, tanto á Memoria de Actividades como ás Contas Anuais de 2020.
Como di o noso compañeiro, Juan Guillín, o 2020 foi un ano DURO para toda a familia de Aspronaga. Pero, non hai crise sen oportunidade e, en Aspronaga, fixemos moitisimas cousas neste ano.
Así, deixámosvos a ligazón á Memoria en pdf, que un ano máis, preséntase con formato periódico para facilitar a súa lectura.
Ademais, presentámosvos o vídeo realizado sobre Aspronaga 2020 cunha intervención espectacular de Juan. Moitas grazas polo teu xenial traballo, o teu bo humor e a túa infinita paciencia. Esta é Aspronaga e esta é a historia da nosa familia....