Reunión Xunta Reitora de Aspronaga
08.10.2021. O pasado mércores, tivo lugar unha reunión ordinaria da Xunta Reitora de Aspronaga baixo a Presidencia do seu titular, D. Nicanor Álvarez, para tratar distintos temas relacionados coa marcha xeral da Asociación.
Antes da reunión, Juan Otero explicou á Xunta
a súa experiencia no Encontro Estatal de Persoas con discapacidade intelectual
celebrado en setembro en Toledo.
INFORME DO PRESIDENTE
Na reunión, o Presidente informou sobre a elección de Aspronaga
para formar parte do Consello Municipal do Deporte,
sendo unha das opcións máis votadas.
Ademais, comunicou que o CEEPR @Ntro. Sra. de Lourdes asinou
un convenio de colaboración coa Consellería de Educación para
poder ofrecer cursos de Formación Profesional no colexio.
PROXECTOS
Doutra banda, o presidente falou de proxectos futuros
como o peche e arranxo do secadero en Lamastelle
e a adquisición dun ascensor e arranxo do portalón de entrada en Pérez Lugín.
Ademais, xa se puxo en marcha a reforma da
sala de menores no Centro Ricardo Baró.
Este proxecto nace grazas ás doazóns ofrecidas por múltiples
doantes na campaña de crowfounding # GivingTuesday.
FUNDACIÓN TUTELAR
Por último, a Xunta Reitora informou sobre os cambios
no Padroado da Fundación Tutelar Aspronaga.
Así, a Xunta aprobou a designación das persoas
que representarán a Aspronaga na Fundación:
Álvaro Martínez como presidente e Manuel Mariño (notario),
Jose Luís Seoane (maxistrado) e Milagros Grella, familiar de Aspronaga, como vogais.
COÑECE A XUNTA REITORA DE ASPRONAGA