15 xoves con discapacidade intelectual fórmanse na reparación de calzado

15.11.21 Todo empezou grazas a paixón de Román polos mandos de garaxe. Levado pola súa afección, Román visita asiduamente o taller de Sandra Caínzos, mostrando o seu gran interese por esta profesión. O que empezou como unha anécdota, é hoxe unha realidade e, Román, xunto a outros 14 compañeiros e compañeiras do  CEEPR. A nosa Señora de Lourdes- Aspronaga iniciaron, esta mañá,  o curso “Reparación de calzado e artigos de marroquinería” impartido pola propia zapateira coruñesa, Sandra Caínzos. 

Así, durante 120 horas, os e as aprendices adquirirán as ferramentas e os coñecementos necesarios sobre o funcionamento dunha tenda de reparación de calzado, así como o duplicado de chaves e mandos de garaxe.

O curso de “Reparación de calzado e artigos de marroquinería” que conta coa colaboración de Inserta e a Fundación ONCE e está financiado polo Fondo Social Europeo, está integrado na estratexia de Formación Profesional Adaptada e ten como obxectivo preparar ao alumnado con discapacidade intelectual para enfrontarse con éxito ao mercado laboral.  Con este fin, o CEE Nosa Señora de Lourdes ten como obxectivo establecer lazos con empresas para que o alumnado poida realizar as súas prácticas laborais, tras o período de formación.

 

i n r f p s v t 0 1 2