Todas Baixo o Mesmo Paraugas
03.12.21 As entidades sociais da Coruña reunímonos esta mañá na Praza de María Pita para conmemorar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Como cada ano, sacamos os nosos paraugas ás rúas para esixir a igualdade, en dereitos e oportunidades, para todas as persoas.
Grazas á alcaldesa, Inés Rey, e a toda a corporación municipal do Concello da Coruña e a Gonzalo Trenor, delegado da Xunta de Galicia, por acompañarnos neste día.
E por suposto Grazas a Miguel, Helen, Mila, David e Patricia que foron os encargados de ler o manifesto e trasladar as demandas das persoas con discapacidade.
Nesta ocasión, debido á pandemia, o aforo foi reducido pero, como sempre, Aspronaga estivo moi presente no acto coa asistencia de Nicanor Álvarez e Juan Fontela, presidente e xerente da entidade e David, África e Jose en representación de todas persoas con discapacidade intelectual de Asrpronaga.
PINCHA NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOS E VIDEOS