Reunión Xunta Reitora (07/12/2022)
O 7 de decembro 2022 tivo lugar unha reunión ordinaria da Xunta Reitora de Aspronaga, baixo a Presidencia do seu titular, D. Nicanor Álvarez, para tratar distintos temas relacionados coa marcha xeral da Asociación.
Antes da reunión, Juan Otero e Juan Souza
informaron sobre o encontro de Autoxestores
celebrado en Lalín.
Incorporacións
Preséntase á Xunta, Lourdes Rodríguez, nai dun alumno do colexio.
Lourdes propoñerase á Asemblea para incorporarse como Vogal á Xunta Reitora.
No seu informe, o presidente de Aspronaga informa sobre os proxectos de Aspronaga:
- Construción dun módulo para menores no Centro Ricardo Baró.
- Reparación do tellado de Lamastelle.
- Necesidade de abrir un liña de actuación para a creación da figura de Asistente Persoal
e para crear algún servizo especializdo na saúde das persoas maiores.
Infórmase sobre o reciente acordo na negociación do Convenio Colectivo.
Outros asuntos
Apróbase a adaptación dos Regulamentos de Réxime Interno dos servizos aos modelos de Política Social.
Ratifícase o alta de 4 persoas socias de Aspronaga.
Delegase o voto de Aspronaga para as eleccións da Xunta Directiva de AEDIS no representante de Fademga.
Acórdase que as actuais residencias de Aspronaga, sitas en Pla e Cancela,
leven o nome de "Antonio Paz".
Acórdase a reorganización das residencias, de maneira que o
"Centro Ricardo Baró" e a "Residencia Martín Pou" estean baixo a Dirección
unificada do servizo de persoas con discapacidade gravemente afectadas (Antonio Naya) e as residencias "A Casa de Lamastelle" e "Hogar Residencias Aspronaga" da responsable do servizo a persoas con discapacidade lixeira ou moderada (Fernanda Pérez).
Acórdase que a Comisión de Residencias englobe todo o servizo de residencias: "Ricardo Baró", "Martín Pou",
"A Casa de Lamastelle" e "Hogar Residencia Aspronaga".
Por tanto, a Comisión de Lamastelle, englobará o Centro de Día e o Centro Ocupacional Lamastelle.
Convocatoria Asamblea
Por último, analízanse os Orzamentos de Ingresos e Gastos para o 2023
e a siutación económica da Asociación ao 31 de setembro de 2022
convócase a Asemblea Xeral de Socios e Socias para
o vindeiro xoves 22 de decembro ás 5.30h da tarde.