A Xunta abre as listas reservadas para persoas con discapacidade intelectual
20.11.2020 Fademga Plena Galicia informa que O Servizo Galego de Saúde abriu o prazo de inscrición de aspirantes nas listas de selección temporal de persoal estatutario da categoría de celador/a, polo sistema de acceso reservado a persoas que acrediten una discapacidade intelectual.
As solicitudes poderanse formalizar desde o día 16 de novembro de 2020 ata o 15 de decembro de 2020, ambos incluídos.
Poderán inscribirse as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
-Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea.
-Ter cumpridos os 16 anos.
-Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven dos nomeamentos.
-Non ter sido separado/a do servizo mediante expediente disciplinario de calquera Administración pública nin estar inhabilitado con carácter firme.
-Estar en posesión de certificado de escolaridade ou equivalente.
-Acreditar unha discapacidade intelectual e o grao de discapacidade global recoñecido deberá ser igual ou superior ao trinta e tres por cento.
Para ampliar información:
https://www.sergas.gal/Recursos-Humanos/CELADOR_DISC_INTELECTUAL
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0003-281020-0001_gl.html
https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES
Para calquera consulta agradeceríamos que se puxesen en contacto nos seguintes números de teléfono ou a través das seguintes direccións de correo:
981566676 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
988391352 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
982265436 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
986373612 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981913632 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.