Homenaxe do CERMI aos profesionais
04.12.2020 Con motivo do Día da Discapacidade, CERMI Galicia, e todas as entidades que o integran, quixo render este "humilde pero sentido homenaxe a todos e todas as profesionais, todas e todos os traballadores que nos acompañan na nosa actividade diaria e contribúen a que a nosa vida sexa mellor".
Como parte do CERMI, Aspronaga participa nesta homenaxe con varias imaxes tomadas no Centro Laboral Lamastelle e unha entrevista a Rut Veo, traballadora do Centro Ricardo Baró. Esperamos que vos guste.